viernes, 17 de junio de 2011

Manifestación 19J en Tui contra o Pacto do Euro. Convocatoria para todo o Baixo Miño

O próximo 27 de xuño ratifícase en Bruxelas o próximo gran atraco socioeconómico de alcance internacional, o chamado Pacto do Euro, polo cal os políticos do noso continente ponénse de acordo para lexislar o que o FMI, o BCE e o BM lles ordenan.

A convocatoria do 19-J chega a unha semana da firma do Pacto do Euro, acordo que supoñerá o empobrecemento da sociedade europea en beneficio da banca e das grandes empresas, con aumentos da idade de xubilación, privatización do sector público e recortes de dereitos aos traballadores, entre outras medidas.

O chamado Pacto do Euro consiste nun paquete de medidas acordadas polos dezasete países que forman a zona euro destinadas fundamentalmente a combater a crise e a débeda.

O problema é que máis que contribuír a solucionar o desemprego e a parálise do tecido produtivo europeo, vai conducir inexorablemente a un maior empobrecemento dos cidadáns.
É necesario mobilizarse e parar este acordo que se nos van impoñer pola forza dende Europa.

Dende AcampadaTui facemos un chamamento a unirse á convocatoria para todo o Baixo Miño que se celebrará en Tui ás 19h, na praza da Catedral.

Polo futuro dos mozos e a dignidade dos maiores.

Por unha Democracia Real Xa.

Acampada Tui

No hay comentarios:

Publicar un comentario