miércoles, 28 de septiembre de 2011

Presentación do proxecto de comedor social (venres 30)

Este venres día 30 de setembro, na sala Félix Rguez. Glez. da Área Panorámica (porta traseira) a asociación Espazo Aberto presentamos o noso proxecto de restaurante público para Tui.
Ademais, celebraremos a continuación unha nova asemblea dentro do movimento 15M, na que falaremos da manifestación mundial o 15 de outubro, un novo Banco de Tempo, a reforma constitucional e os recurtes sociais.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Chamamento para a cesión dun local para o comedor social

O proxecto do comedor social xa está en marcha. Temos o suministro de alimentos máis ou menos garantido e algún local decente mirado, pero preferiríamos conseguir un local cedido gratuitamente, como sucede noutras cidades (en Cangas, por exemplo, onde serven máis de 50 comidas diarias para facerse unha idea).

Por suposto, estamos abertos a calquera tipo de colaboración, estamos a reunirnos semanalmente, e, sobre todo, necesitaremos axuda na cociña nun futuro, cando empecemos a funcionar.
Estamos no email acampadatui@gmail.com , ou podedes deixar un comentario aquí, e tamén estaremos en Radio Tui falando do tema, en principio, o venres 16 ás 11h.