sábado, 11 de junio de 2011

Acta da asamblea do 5 de xuño de 2011


Recordatorio dos puntos tratados na asamblea anterior.

TEMAS TRATADOS

Tratouse o problema que hai ca xente maior, xa que as pensións que cobran non lle chegan para aqueles que precisan dunha residencia ou un asistente que lle axude na casa para facer as tarefas diarias.
Comentan a falta de profesionalidade e responsabilidade dalgúns políticos.
Existen moitas dudas sobre cal é a deuda real de España.
Fálase da hipocresía do rescate a Grecia.
Un rapaz comenta a mala calidade do profesorado.
Fálase do alto nivel de fracaso escolar de España.
Fálase de que nestes momentos os nenos son tratados coma obxetos .
Unha profesora di que os nenos precisan ser educados tanto na casa como na escola.
Un neno di que o profesorado debería pasar un exame de revisión de coñecementos e competitividade periódicamente, tal e como se fai nalgúns outros países da Unión Europea.
A profesora comenta que está de acordo con que hai profesores que non teñen vocación e son incompetentes no seu traballo, pero que non son todos iguais e que o principal problema está no sistema educativo.
Un neno comenta que o ratio de alumnos por profesor deberia ser menor.
Un neno comenta o seu problema ca dislexia e non esta dacordo co método que seguen nas escolas para tratar ese problema.
Actualizar ó profesorado no tema das novas tecnoloxías.
Un rapaz trata o tema das axudas do estado que son máis baixas na educación que noutras institucións.
Dise que hai falta de comunicación entre tódalas partes afectadas: mestres, pais, alumnos...
Unha nai fala da gran diferencia entre os plans educativos dos países nórdicos e o noso país, resaltando o baixo nivel de coñecementos.
Trátase a diferencia que hai entre os 3 tipos de educación (pública, concertada e privada).
Tamén coméntase que os tests de coeficiente mental rematan por crear discriminacións.

¿A administración non paga porque non ten diñeiro?
¿Por qué a un banco se lle inxecta tanto diñeiro e a unha empresa particular que da traballo a moitos traballadores non se lle axuda?
¿Por qué ten privilexios a banca?

DECISIÓNS APROBADAS

Propónse crear unha comisión de educación xa que se considera máis importante que calquera outra cousa.
Aprobado en consenso a creación dunha comisión de educación.
Consenso en que a comisión de organización estará formada polos acampados.
Consenso en que o día das asambleas e de tratar o traballo das comisións será os venres.
Consenso en facer asambleas semanais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario