viernes, 14 de octubre de 2011

Este sábado 15O: movilización mundial por un cambio global en Tui

http://map.15october.net/reports/view/389

O movemento de indignados e indignadas rebélase e esténdese polo mundo porque tomamos conciencia do común das agresións que recibimos. Xa se sumaron máis de 350 cidades en 45 países. NON ESTAMOS SÓS NOS NOSOS PROBLEMAS.

Este sistema leva ao planeta ao desastre ecolóxico, mantén millóns de seres humanos na miseria, e provoca crises cíclicas. Nesta mostran a súa verdadeira cara. Uns poucos se queren repartir o de todos e todas. Non só o noso diñeiro, senón tamén os nosos dereitos e o noso patrimonio público, acumulado grazas ao esforzo de xeracións.

Para que non tomemos conciencia disto, necesitan unha democracia raquítica, que sexa dócil ao poder económico, principalmente o financeiro. Necesitan do engano. O primeiro grande engano hoxe é convencernos de que se nos impoñen sacrificios é porque son necesarios. É FALSO.

Porque estás hart@. Levamos tres anos encarando cada día unha mala noticia que á mañá seguinte é peor. Os 'gurús' financeiros din que en 2012 é posible unha nova recesión. Quen pode crer, entón, que todos os recortes que levan aplicando funcionan?


Temos motivos para facer do 15-O unha xornada histórica:

Porque queres traballo, non caridade. O traballo é un dereito. En España hai 4.226.744 de persoas desempregadas; no mundo, 205 millóns. Cun exército de parados e paradas, as empresas aproveitan a situación para pagar menos e ofrecer peores condicións laborais.

Porque te están a explotar. O 25,4% das persoas que traballan sofren precariedade. Máis de dous millóns sofren acoso nos seus postos e un total de 737 faleceron en accidente laboral en 2010.

Porque terás que pechar o teu negocio. Só as grandes empresas reciben financiamento, mentres se pechan os créditos ás PEME. Máis de 200.000 PEME pecharon e 350.000 autónomos cesaron a súa actividade dende que comezou a crise.

Porque non estudas para isto. Máis de 136.000 persoas cualificadas tiveron que emigrar ante a imposibilidade de encontrar traballo. O 46,5% das menores de 25 anos encóntrase no paro. Estannos a quitar as expectativas de futuro!

Porque a saúde non é un negocio. Os recortes comezaron. En Cataluña, un 30% menos de camas e un 40% menos de quirófanos. Consecuencia: soben as listas de espera nun 23%. Hai máis de 200.000 persoas sen cobertura sanitaria. O sistema público é bo e custa menos que os privados doutros países. Fose os mercadores dos hospitais!

Porque a educación é o mellor investimento. Os recortes en educación gústanlles porque os pobos ignorantes consumen máis e cuestionan menos. Este ano escolar, Madrid: 2.500 profesores menos e 14.000 alumnos máis.

Porque unha familia necesita unha casa. En propiedade ou en aluguer. Máis de 350.000 familias foron desafiuzadas dende que comezou a crise, pero terán que seguir pagando a súa hipoteca. Empresas e bancos especulan coa vivenda, que xa non é un dereito, senón un negocio. No mundo existen 100 millóns de persoas sen fogar.

Porque a Banca Siempre Gana. Lévanse a prezos de saldo as Caixas de Aforro despois de que se inxectaron máis de 20.000 millóns de todos os españois. Métennos na crise, reciben diñeiro barato e axudas públicas e repártense beneficios e retribucións escandalosas.

Rodrigo Rato gañará 10,15 millóns ao ano como executivo de Bankia.


Porque queremos recuperar a nosa soberanía. Os poderes financeiros provocan a crise da que están a obter espectaculares beneficios. Eses poderes marcan a folla de ruta dos gobernantes para impoñernos recortes. En España, os nosos responsables políticos reformaron a Constitución, con urxencia e sen transparencia, nun bochornoso exemplo de submisión.

Esiximos participación cidadá, satisfacción de necesidades esenciais e garantía efectiva de dereitos fundamentais.

Porque un sistema inxusto non se sostén. O 2% da poboación mundial posúe máis da metade da riqueza global mentres un terzo da poboación vive con 0,93 euros ao día. Mil millóns de persoas padecen desnutrición, na súa maioría mulleres e nenos. 884 millóns de persoas viven sen auga potable no mundo e 2600 millóns non contan cos servizos mínimos de saneamento. 1,3 millóns de persoas falecen cada ano pola contaminación atmosférica.


Isto non funciona!

Sal á rúa! Crea outro mundo!

Vémonos este sábado 15O ás 19h na praza da Catedral!





1 comentario:

  1. Nos gustaria contactar con vosotros. Somos del grupo Stop Desahucios de A Coruña, y van a desahuciar a una vecina vuestra. Mañana di 31 estaremos por ahi a las 12 delante de los juzgados. Si alguno puede ir, seria estupendo.
    Un saludo
    Jose MIguel
    desahucios.coruna@gmail.com

    ResponderEliminar