viernes, 14 de octubre de 2011

Este sábado 15O: movilización mundial por un cambio global en Tui

http://map.15october.net/reports/view/389

O movemento de indignados e indignadas rebélase e esténdese polo mundo porque tomamos conciencia do común das agresións que recibimos. Xa se sumaron máis de 350 cidades en 45 países. NON ESTAMOS SÓS NOS NOSOS PROBLEMAS.

Este sistema leva ao planeta ao desastre ecolóxico, mantén millóns de seres humanos na miseria, e provoca crises cíclicas. Nesta mostran a súa verdadeira cara. Uns poucos se queren repartir o de todos e todas. Non só o noso diñeiro, senón tamén os nosos dereitos e o noso patrimonio público, acumulado grazas ao esforzo de xeracións.

Para que non tomemos conciencia disto, necesitan unha democracia raquítica, que sexa dócil ao poder económico, principalmente o financeiro. Necesitan do engano. O primeiro grande engano hoxe é convencernos de que se nos impoñen sacrificios é porque son necesarios. É FALSO.

Porque estás hart@. Levamos tres anos encarando cada día unha mala noticia que á mañá seguinte é peor. Os 'gurús' financeiros din que en 2012 é posible unha nova recesión. Quen pode crer, entón, que todos os recortes que levan aplicando funcionan?


Temos motivos para facer do 15-O unha xornada histórica:

Porque queres traballo, non caridade. O traballo é un dereito. En España hai 4.226.744 de persoas desempregadas; no mundo, 205 millóns. Cun exército de parados e paradas, as empresas aproveitan a situación para pagar menos e ofrecer peores condicións laborais.

Porque te están a explotar. O 25,4% das persoas que traballan sofren precariedade. Máis de dous millóns sofren acoso nos seus postos e un total de 737 faleceron en accidente laboral en 2010.

Porque terás que pechar o teu negocio. Só as grandes empresas reciben financiamento, mentres se pechan os créditos ás PEME. Máis de 200.000 PEME pecharon e 350.000 autónomos cesaron a súa actividade dende que comezou a crise.

Porque non estudas para isto. Máis de 136.000 persoas cualificadas tiveron que emigrar ante a imposibilidade de encontrar traballo. O 46,5% das menores de 25 anos encóntrase no paro. Estannos a quitar as expectativas de futuro!

Porque a saúde non é un negocio. Os recortes comezaron. En Cataluña, un 30% menos de camas e un 40% menos de quirófanos. Consecuencia: soben as listas de espera nun 23%. Hai máis de 200.000 persoas sen cobertura sanitaria. O sistema público é bo e custa menos que os privados doutros países. Fose os mercadores dos hospitais!

Porque a educación é o mellor investimento. Os recortes en educación gústanlles porque os pobos ignorantes consumen máis e cuestionan menos. Este ano escolar, Madrid: 2.500 profesores menos e 14.000 alumnos máis.

Porque unha familia necesita unha casa. En propiedade ou en aluguer. Máis de 350.000 familias foron desafiuzadas dende que comezou a crise, pero terán que seguir pagando a súa hipoteca. Empresas e bancos especulan coa vivenda, que xa non é un dereito, senón un negocio. No mundo existen 100 millóns de persoas sen fogar.

Porque a Banca Siempre Gana. Lévanse a prezos de saldo as Caixas de Aforro despois de que se inxectaron máis de 20.000 millóns de todos os españois. Métennos na crise, reciben diñeiro barato e axudas públicas e repártense beneficios e retribucións escandalosas.

Rodrigo Rato gañará 10,15 millóns ao ano como executivo de Bankia.


Porque queremos recuperar a nosa soberanía. Os poderes financeiros provocan a crise da que están a obter espectaculares beneficios. Eses poderes marcan a folla de ruta dos gobernantes para impoñernos recortes. En España, os nosos responsables políticos reformaron a Constitución, con urxencia e sen transparencia, nun bochornoso exemplo de submisión.

Esiximos participación cidadá, satisfacción de necesidades esenciais e garantía efectiva de dereitos fundamentais.

Porque un sistema inxusto non se sostén. O 2% da poboación mundial posúe máis da metade da riqueza global mentres un terzo da poboación vive con 0,93 euros ao día. Mil millóns de persoas padecen desnutrición, na súa maioría mulleres e nenos. 884 millóns de persoas viven sen auga potable no mundo e 2600 millóns non contan cos servizos mínimos de saneamento. 1,3 millóns de persoas falecen cada ano pola contaminación atmosférica.


Isto non funciona!

Sal á rúa! Crea outro mundo!

Vémonos este sábado 15O ás 19h na praza da Catedral!





miércoles, 28 de septiembre de 2011

Presentación do proxecto de comedor social (venres 30)

Este venres día 30 de setembro, na sala Félix Rguez. Glez. da Área Panorámica (porta traseira) a asociación Espazo Aberto presentamos o noso proxecto de restaurante público para Tui.
Ademais, celebraremos a continuación unha nova asemblea dentro do movimento 15M, na que falaremos da manifestación mundial o 15 de outubro, un novo Banco de Tempo, a reforma constitucional e os recurtes sociais.

miércoles, 14 de septiembre de 2011

Chamamento para a cesión dun local para o comedor social

O proxecto do comedor social xa está en marcha. Temos o suministro de alimentos máis ou menos garantido e algún local decente mirado, pero preferiríamos conseguir un local cedido gratuitamente, como sucede noutras cidades (en Cangas, por exemplo, onde serven máis de 50 comidas diarias para facerse unha idea).

Por suposto, estamos abertos a calquera tipo de colaboración, estamos a reunirnos semanalmente, e, sobre todo, necesitaremos axuda na cociña nun futuro, cando empecemos a funcionar.
Estamos no email acampadatui@gmail.com , ou podedes deixar un comentario aquí, e tamén estaremos en Radio Tui falando do tema, en principio, o venres 16 ás 11h.

viernes, 29 de julio de 2011

Documentación para a creación da asociación decidida en asamblea extraordinaria

Tras a asamblea de onte, decidimos a constitución dunha asociación, que nos servirá de axuda para o comedor social e o local. A taxa da inscripción da asociación son 35,38€ e aquí está a documentación. Os implicados temos que ler ben o documento para a redacción dos estatutos e preparar propostas para a reunión do martes ás 20:00h.

Documento-Guía para a redacción dos estatutos dunha asociación (.DOC)

Modelo II para a acta fundacional

Información para a inscrición de asociacións
Se prefires os documentos en formato ODT, tamén están aquí:http://cpapx.xunta.es/modelos-e-solicitudes

lunes, 18 de julio de 2011

Acta da asamblea do 10 de xullo de 2011

Acta asamblea 10/7/2011 ACAMPADA TUI
Comisión de organización informó:
-Información del 23-J
-Charla temática del N-1
-Información sobre ATTAC
Propuestas:
-Propuesta para para cambiar la asamblea en Goián el día 29/7/11 (consenso)
Debate sobre violencia de género:
-Propuesta para crear una comisión de violencia de género (Queda visto para próxima asamblea)
-Propuesta sobre crear planes de acción (participación en goián, participación en el 23-J, movilización de las asambleas, etc)
Comisión de educación:
Votos de los puntos
-1- Desarrollar el Pacto Nacional de Educación con la participación de todos los agentes sociales que lo componen. Que por otra parte es lo que llevan demandando muchos colectivos, incluidos sindicatos de enseñanza (consenso)
-2- Promover un Modelo de Enseñanza Educativa, unido a los objetivos de la UE y basado en las mejores prácticas de cada Comunidad. (consenso - 1 abstención)
-3- Prioridad orzamentaria: Dotar las CCAA a través de las Consellerías de Educación de orzamentos adicionales que permitan situar el gasto público por alumno en la media europea obligando a que se cumplan.(consenso)
-4- Promover otros proyectos educativos frutos de la iniciativas de la sociedad y facilitar la libre elección de centro escolar por parte de los padres.(consenso – 1 abstención)
-5- Políticas educativas en las que se impliquen los padres y madres como primeros responsables de la educación de sus hijos. (consenso)
-6- Elaborar un programa dirigido a potenciar la figura y dignificación del profesor, su formación, así como la cultura del esfuerzo en los alumnos. (consenso)

martes, 12 de julio de 2011

Moción sobre a dación en pago

Onte presentamos no Concello de Tui unha solicitude para que se someta a votación no seguinte pleno unha moción a favor da dación en pago, solicitude que tamén foi dirixida a cada un dos grupos políticos con representación no concello.
Dende Acampada Tui / Movimento 15M solicitamos o apoio de tódolos partidos a esta moción, propondo a súa inclusión na orde do día do seguinte pleno e votando a favor da mesma:

domingo, 3 de julio de 2011

Acta da asamblea do 1 de xullo de 2011



Lectura de poesía

Lectura del manifiesto

Lectura del acta de la asamblea de la semana anterior

Intervención de educación

Descripción de datos y situación actual general

Procede la comisión de educación a marcar los puntos preparados

Comentario: sobre la prioridad que deberían tener los alumnos como personas y crear más planes de estudio para respetar el ritmo del alumno.

Lectura de opiniones recopiladas en las reuniones de la comisión de educación (formar a los formadores cada ciertos períodos de tiempo, necesidad de formadores aplicados y la intervención de la familia, amigos y la sociedad en la educación de los alumnos)

Comentarios:
-para mejorar la educación primero debe cambiar la sociedad
-Descripción de educaciones alternativas (ejemplo: estudiar en casa)
-la sociedad se cambia en la educación desde  los niños muy pequeños
-fomentar la curiosidad y el interés por el estudio para facilitar el aprendizaje y entendimiento
-va ligada la educación en el colegio y la educación en casa; y darle prioridad a los profesores con ganas de serlo, con alguna prueba psicológica o algo similar

Interrupción para explicar problema del colegio de Goián y proponer trasladar la asamblea del dia 15 a la plaza de Goián donde está la manifestación

Propuesta de cambiar la hora de la asamblea e ir a la cacerolada de Goián

Votos a favor de hacer la asamblea allí en Goián y quedarse a la cacerolada.

Enumeración de puntos de la comisión de educación.

Propuesta: promulgar las charlas e integrar a la tercera edad.
Anuncio: Charla de los directores del pelouro sobre la metodologíaa de educación en ese colegio.

Petición: voluntarios para repartir información en parroquias, aldeas , etc.

miércoles, 29 de junio de 2011

Acta da asamblea do 24 de xuño de 2011

ACTA DA ASAMBLEA DO DÍA 24/06/11



COMISIÓN DE INFORMACIÓN

PROPOSTAS

- Liñas de actuación para:

1. Traballar na imaxe do movemento: actuando contra os ataques ao mesmo.
2. Chamada á participación e difusión de información: Por medio da radio municipal (espazos radiofonicos e entrevistas) e por medio do contacto con asociacións culturais e veciñais (octavillas e explicacións)

VOTACIÓNS

- RADIODIFUSIÓN MUNICIPAL - SI
- DIFUSIÓN EN ASOCIACIÓNS CULTURAIS E VECIÑAIS - SI

NOTA

Tras a votación, un asambleario a título persoal, pediu que non se caia na inxenuidade e prudencia cara os medios de difusión empregados, para evitar a manipulación da información.



O moderador lembrou a formación do BANCO DE TEMPO




COMISIÓN DE VIVENDA

1ª PROPOSTA

- DACIÓN EN PAGO das hipotecas.

VOTACIÓNS

- Aplicación da DACIÓN EN PAGO con carácter retroactivo - SI
- Plantexar ó concello de Tui que se declare a favor da dación en pago - SI

2ª PROPOSTA

- Abrir reflexión sobre o STOCK DE VIVENDA deshabitada e un PROGRAMA FACTIBLE DE ALUGUER. Someterase a debate e votación na próxima asamblea.

OPINIÓNS E COMENTARIOS

- O Goberno non aplica a medida polos intereses bancarios que fomentan o deshaucio.
- Equilibrio da TASACIÓN antes e despois dos deshaucios.
- Medidas de actuación sobre os deshaucios e estudo dos casos . Que filtros de selección se aplican?




A organización da asamblea popular propón trocar a hora de reunión ás 21:00h. Voto: SI