ACTA DA ASAMBLEA DO DÍA 24/06/11
COMISIÓN DE INFORMACIÓN
PROPOSTAS
- Liñas de actuación para:
1. Traballar na imaxe do movemento: actuando contra os ataques ao mesmo.
2. Chamada á participación e difusión de información: Por medio da radio municipal (espazos radiofonicos e entrevistas) e por medio do contacto con asociacións culturais e veciñais (octavillas e explicacións)
VOTACIÓNS
- RADIODIFUSIÓN MUNICIPAL - SI
- DIFUSIÓN EN ASOCIACIÓNS CULTURAIS E VECIÑAIS - SI
NOTA
Tras a votación, un asambleario a título persoal, pediu que non se caia na inxenuidade e prudencia cara os medios de difusión empregados, para evitar a manipulación da información.
O moderador lembrou a formación do BANCO DE TEMPO
COMISIÓN DE VIVENDA
1ª PROPOSTA
- DACIÓN EN PAGO das hipotecas.
VOTACIÓNS
- Aplicación da DACIÓN EN PAGO con carácter retroactivo - SI
- Plantexar ó concello de Tui que se declare a favor da dación en pago - SI
2ª PROPOSTA
- Abrir reflexión sobre o STOCK DE VIVENDA deshabitada e un PROGRAMA FACTIBLE DE ALUGUER. Someterase a debate e votación na próxima asamblea.
OPINIÓNS E COMENTARIOS
- O Goberno non aplica a medida polos intereses bancarios que fomentan o deshaucio.
- Equilibrio da TASACIÓN antes e despois dos deshaucios.
- Medidas de actuación sobre os deshaucios e estudo dos casos . Que filtros de selección se aplican?
A organización da asamblea popular propón trocar a hora de reunión ás 21:00h. Voto: SI
No hay comentarios:
Publicar un comentario