lunes, 5 de marzo de 2012

A casta, do público ó privado

Felipe González: conselleiro de Gas Natural, asesor do Consello Social de Farmaindustria, patronal dos laboratorios, e asesor do mexicano Carlos Slim, a maior fortuna mundial.

José Mª Aznar: asesor externo de Endesa para Latinoamérica, conselleiro do grupo de medios do magnate Rupert Murdoch, News Corporation, conselleiro de Doheny Global Group, ex-conselleiro do fondo de inversión Centaurus Capital, asesor de Barrick Gold Corporation, a maior compañía do mundo na extracción de ouro.

Pedro Solbes: asesor e conselleiro de Barclays e conselleiro de Enel, tras facilitar a Enel o control de Endesa.

Rodrigo Rato: ex-director xerente do F.M.I., ex-director xeral sénior da Banca de Inversión estadounidense Lazard, ex-Conselleiro Asesor Internacional do Banco Santander, e agora presidente de CajaMadrid/Bankia.

Narcís Serra: presidente de Caixa Catalunya, conselleiro de Gas Natural Fenosa.

Ana Palacio: ex-vicepresidenta do Banco Mundial, e actual vicepresidenta de Areva, o xigante da enerxía nuclear francés.

Eduardo Zaplana: delegado de Telefónica para Europa, tras ter aceptado EREs de decenas de miles de traballadores en Telefónica como Ministro de Traballo.

Pío Cabanillas: Director de comunicación do grupo Acciona e Director Xeral Corporativo de Endesa.

Actualización marzo 2012:

Elena Salgado: recén proposta como asesora de Chilectra, filial chilena de... Endesa, como non.

Luis de Guindos: Ex director de Lehman Brothers para España e Portugal, ex conselleiro de Banco Mare Nostrum, e o terceiro conselleiro mellor pagado en Endesa durante o 2011 (368.413€).


Lista ampliada

No hay comentarios:

Publicar un comentario